Bonos Talento Empresa
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria TR302D – Bonos Talento Empresa 2024-2025, cofinanciada pola Unión Europea. Este procedemento está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027. Obxectivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, para que as persoas traballadoras ocupadas participantes nos proxectos formativos das entidades beneficiarias melloren as súas habilidades.
O obxectivo principal destas axudas é a realización da acción formativa de curta duración «Plan de Formación Talento Docuten: Formación en habilidades de liderazgo y de gestión», a desenvolver pola entidade beneficiaria Docuten Tech. O resultado que se pretende acadar é mellorar as capacidades da entidade beneficiaria e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.