A Comisión Europea certifica a galega Docuten como solución perfecta para a facturación internacional

A empresa Docuten vén de recibir un novo e importante recoñecemento ao seu labor tecnolóxico para mellorar, axilizar e facer máis segura a xestión documental das empresas. A súa solución para a facturación internacional recibiu o apoio da Comisión Europea a través de EURINV (proxecto de facturación electrónica co-financiado pola CE ao abeiro do Programa de Telecomunicacións CEF, administrado pola Axencia Executiva de Innovación e Redes).