Docuten, única empresa española que participa no proxecto europeo EURINV para promover a factura electrónica en europa

A dixitalización avanza a todos os niveis. Neste eido, unha empresa galega, Docuten, acumula unha ampla traxectoria. Docuten é experta en dixitalizar todo o fluxo de procedementos administrativos (máis popularmente coñecido como papelame) que se rexistra nunha empresa, especialmente nos procesos de sinatura, factura e pagamento.